Estudo de Color Grading

LORENZO Colorlab é un estudo de cor e acabado impulsado pola creatividade. Acompañamos equipos de dirección, fotografía e produción para dar forma á intención visual de cada proxecto e levala un pouco máis alá. Ofrecemos servizos de montaxe, deseño de look, dailies, color grading e acabado final para cinema, series e publicidade, cunha combinación de sensibilidade artística e precisión técnica.
Móvenos unha idea sinxela: que a imaxe respire e que a tecnoloxía estea sempre ao servizo da historia.

Color Grading e Posprodución

Color grading para cinema, series e publicidade.
Traballamos a imaxe con sensibilidade e precisión técnica, desde a rodaxe ata a entrega final.

Montaxe e Edición Offline / Online

Edición para spots, videoclips, curtas ou longametraxes — con fluxos de traballo personalizados e acompañamento creativo.

Dailies & workflow de rodaxe

Inxesta, sincronizado, previsualización e fluxos de proxy desde set ou en remoto para manter un fluxo áxil.

Postprodución de imaxe

Conformado, axuste de formato, normalización de cor, saída a master final ou deliverables e control de calidade tanto técnico como creativo.

Asesoría técnica e creativa

Deseño de looks, previsualización de rodaxe, soporte en set e xestión de cambios creativos, ademais de consultoría en color pipeline.

Cor

Pensado para cinema, publicidade e series: corrección base, look creativo e entrega en SDR/HDR ou Dolby Vision.

Xestión de fluxos e arquivos

Organización, backup, xestión de arquivos, etiquetado e fluxos de traballo ordenados para producións de calquera escala.

Traballos

Proxectos recentes que representan a nosa forma de entender a cor: sensibilidade, precisión técnica e vocación narrativa.



Actualidade

Artigos, proxectos e colaboracións desde o estudo.
Unha ollada ao traballo diario e á cor como parte do proceso creativo.
JR Lorenzo - portada da tese

Cor en 70 mm: Lawrence de Arabia e a sublimación do cinema como espectáculo

Lawrence de Arabia representa para varias xeracións de cineastas e espectadoras/es a idea de cinema total: unha combinación de espectáculo, risco técnico e profundidade psicolóxica que segue a ser hoxe un referente.

Ler máis

Deseño do look: deseñar a identidade visual dunha historia

O deseño de look é un proceso creativo, técnico e narrativo que define como debe sentirse visualmente un proxecto antes de acender a cámara. É a raíz desde a que medran as decisións de fotografía, arte, maquillaxe, iluminación, VFX e a cor final.

Ler máis